Festas da Guadalupe 2023

Presentamos o póster anunciador e a programación das Festas da Guadalupe 2023! Este ano conmemoramos os 250 anos da chegada da Moreniña a Rianxo. Tedes toda a información das festas na súa propia web en https://festasdaguadalupe.gal/

Noites vivas: Música na noite

As “Noites vivas: música na noite” achegarán diferentes propostas musicais para todas as idades e gustos dentro do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2023”, patrocinado por Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo

Baile de Reis

A noite de Reis recuperamos o Baile no Liceo Marítimo Rianxeiro! O xoves 5 no soto do Liceo Marítimo Rianxeiro, acceso polo Paseo Marítimo. Acompañaranos o DÚO ÓBICE CAPITAL desde as 21 h, así que remate a Cabalgata. Teremos chocolate + ver máis

Festa do Samaín

Chega o Samaín! E para as familias temos unha cita o vindeiro domingo 30 polo serán. Con inchable, xogos, maquillaxe de neón, merendola, obradoiro de cabazos e lanternas, cos que á noitiña faremos un desfile de ánimas; visitaremos as casas + ver máis

Explora Rianxo con Anxo!

Explora Rianxo con Anxo! Con esta pequena publicación de actividades sobre Rianxo e a Guadalupe, as crianzas poderán coñecer máis sobre a Moreniña, a Rianxeira e o seu vencello coa nosa vila, ademais de outras curiosidades. Estará dispoñible a partir + ver máis