Programa cultural A Moreniña, Arte, Cultura e Tradición 2022

Un ano máis, a Asociación “A Moreniña” aposta pola cultura como un elemento de cohesión da veciñanza rianxeira co proxecto cultural “A Moreniña, Arte, Cultura e Tradición”.

O nome do proxecto vai vencellado á imaxe da Virxe de Guadalupe que chegou a Rianxo en 1773.

Esta imaxe é un elemento artístico que deviu tradición e que forma parte da cultura da nosa vila. Por iso non se nos ocorre forma mellor que ligar o nome deste proxecto a todo o que a Moreniña representa para Rianxo, e utilizalo para achegar variadas expresións culturais á veciñanza co pretexto dun contexto de lecer como son as Festas da Guadalupe.

O proxecto, subvencionado pola Deputación da Coruña e no que colabora o Concello de Rianxo, consta de varios programas:

· Mostra de Bandas de Música Populares “A Moreniña 2022”
· ARTELLA! Rúas con arte
· Mostra de músicas na noite NOITES VIVAS
· Revista anual da asociación “A Moreniña, arte, cultura e tradición, 2022”

E algunha proposta máis que iremos descubrindo.