A Asociación A Moreniña realizou un investimento en equipamentos culturais con cargo á convocatoria de subvencións FO204 da Deputación da Coruña para investimentos culturais.
Os elementos adquiridos foron unha carpa de 6×3 metros personalizada co logo e imaxe das Moreniña, un micrófono sen fíos, uns elementos transportadores para facilitar a carga, a descarga e o transporte dos elementos adquiridos en pasadas edicións, e unha controladora de DJ autónoma.
Estes equipamentos axudaron a realizar as actividades culturais do ano 2024 e de seguro serán moi útiles en vindeiras actividades.