Un ano máis, enchemos as rúas de actividades para toda a familia durante a semana grande de Rianxo.
LUNS, xogos competitivos para as crianzas e para a rapazada da man das Juadalupeñas, na Praza Castelao.
MARTES, xornada de cultura urbana con fútbol de rúa e unha arena de combate de realidade virtual, nos xardíns da Ribeira.
MÉRCORES, feira do circo na Praza da Igrexa durante toda a xornada, con xogos de feira e dous espectáculos: O Show de Fifo: Soño ás 13 h e Unha de Piratas ás 20 h
XOVES, recuperación de oficios tradicionais no Feirón Mariñeiro, con obradoiros participativos.
VENRES, inchables de auga, cun gran tobogán e festa da escuma ás 13 h. Pola noite, concerto de Pakolas e as tripulantes, que rematará coa Rianxeira Infantil a medianoite.
Artella! Arte nas rúas é parte da programación cultural A Moreniña, arte cultura e tradición 2026, patrocinado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo, Vella Escola Cultura Urbana e Merenda Creativa.

