A música enche a programación do Rianxo ao vivo, o programa de músicas en directo de todos os xéneros e para todos os gustos. Polas mañás, ademais das bandas da Mostra de bandas, arrincaremos coa música do país da man de @trecolatradi_oficial @bandagaitasbuxaina @osondoriogrupo @osfestas e @ce.orquestrapantasma As tardes estarán animadas polos tardeos de @zeltia_irevire + ver máis
Autor: arume
Artella! Arte nas rúas
Un ano máis, enchemos as rúas de actividades para toda a familia durante a semana grande de Rianxo. LUNS, xogos competitivos para as crianzas e para a rapazada da man das Juadalupeñas, na Praza Castelao. MARTES, xornada de cultura urbana con fútbol de rúa e unha arena de combate de realidade virtual, nos xardíns da + ver máis
Mostra de Bandas de Música Populares 2026
Non poden faltar na nosa programación cultural as bandas de música populares. Nesta mostra de 2026 contaremos coas agrupacións de Santa Cruz de Ribadulla, da Escola de Música de Rianxo, da músico-cultural de Ribadumia, da cultural de Arcade, da municipal de Padrón e da banda de Arca. Esta actividade é parte do programa A Moreniña, + ver máis
Feirón Mariñeiro, a feira de 1906
Rianxo retrocede á vila mariñeira de hai un século nunha xornada participativa na que a artesanía, os oficios antigos, a gastronomía e a música son as protagonistas. Rianxo retrocede un século cada xoves das festas da Guadalupe. A vila engalánase de época, como a vila mariñeira que recordan as nosas avoas e avós, como reflectían + ver máis
Póster das Festas da Guadalupe 2026
O póster que anuncia as Festas da Guadalupe 2026 e un deseño do Rei Zentolo que imita os mosaicos de azulexos da tradición cerámica galega, coa súa cor azul cobalto tan característica. No deseño xúntanse varios elementos representativos da Guadalupe de Rianxo: a imaxe da virxe Moreniña, o mar, a procesión marítima co barco e + ver máis
Convocatoria de Asemblea Xeral ordinaria
Convocámosvos á Asemblea Xeral ordinaria deste ano 2026. · DÍA: martes 31 de marzo· HORA: 20.00 h· LUGAR: Salón de Actos do Auditorio de Rianxo Os temas que imos tratar son os seguintes: No punto 2, tamén daremos audiencia a todos aqueles socios e socias que queirades animarvos a solicitar a vosa entrada na directiva + ver máis
Concurso Fotográfico
Este ano imos publicar un Calendario Guadalupeiro (de setembro a setembro) e queremos que as vosas mellores fotos da Guadalupe estean nel! Para iso convocamos este concurso fotográfico. Rebuscade nos vosos recordos e enviádenos esa foto que vos quedou tan chula. As mellores fotos sairán no álbum e levarán un obsequio, e entre todas escolleremos + ver máis
Concursos de relatos breves
Convocamos un concurso de relatos breves cun premio de 150 euros para a obra gañadora, que será publicada na revista da Guadalupe! As obras finalistas recibirán un agasallo e tamén poderán ser publicadas. Envíanos a túa obra (máximo 3000 palabras), que podes acompañar dunha imaxe, por correo electrónico antes do 17 de maio. A temática + ver máis
Cacharelas Musicais 2026
Para comezar ben este 2026, dende a Moreniña e o Rock in Rian acabamos de sacar do forno un proxecto novo: as Cacharelas Musicais. Para conseguir un inverno activo na vila, durante os próximos meses poñeremos os bares de Rianxo a ferver cun novo ciclo de concertos e actividades! O cartaz é cortesía de @oitav4porta_ + ver máis
Festas da Guadalupe 2025
Programa completo
Feirón Mariñeiro, a feira de 1925
O Feirón Mariñeiro cumpre 20 anos! Xa podes solicitar participar nesta XIX singradura do Feirón Mariñeiro, a feira de 1925. Se tes produtos de artesanía para mostrar, algo para xantar, unha proposta de taller ou obradoiro ou queres montar unha taberna, fai a túa solicitude en festasdaguadalupe.gal antes do 10 de agosto. A recuperación de + ver máis
Rianxo ao vivo!
A música en directo encherá as rúas da vila nunha nova edición do programa Rianxo ao Vivo! A noite dos 90, a Verbena Galega, o CeibaRimas, as Charangas, a música tradicional, a Noite Folc no Feirón Mariñeiro, os tardeos e a Verbena Infantil. De todos os estilos e para todos os públicos! Esta actividade é + ver máis
Artella! Arte nas rúas
Para toda a familia! Artella, arte nas rúas, é o programa cultural para todas as idades, pero en especial para a rapazada. Xogos competitivos; xornada de Cultura Urbana con obradoiros de Parkour e Calistenia en dous parques que estarán montados toda a xornada; mural colaborativo; CeibaRimas con destacados freestylers do panorama galego… Día do circo, + ver máis
Mostra de Bandas de Música Populares 2025
A Asociación A Moreniña aposta pola cultura como medio de cohesión social. E un dos máximos expoñentes son as bandas de música populares, que como sempre na semana grande de Rianxo, achegamos á veciñanza como parte do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2025”, patrocinado pola Deputacion da Coruña. A Banda da Escola de + ver máis
Obradoiro de iniciación a DJ
A Asociación A Moreniña organiza para este Nadal un pequeno curso de iniciación a DJ, no que poderás aprender, da man de Bruno Deejay, as bases técnicas e musicais para pinchar música nunha festa, con equipos profesionais. O curso terá lugar os luns e os xoves das vacacións de Nadal, do 23 de decembro ao + ver máis
Adquisición de equipamentos culturais baixo a convocatoria de subvencións FO204 da Deputación da Coruña
A Asociación A Moreniña realizou un investimento en equipamentos culturais con cargo á convocatoria de subvencións FO204 da Deputación da Coruña para investimentos culturais. Os elementos adquiridos foron unha carpa de 6×3 metros personalizada co logo e imaxe das Moreniña, un micrófono sen fíos, uns elementos transportadores para facilitar a carga, a descarga e o + ver máis
Festas da Guadalupe 2024
Xa está dispoñible toda a programación das festas da Guadalupe 2024, que organiza a Asociación A Moreniña en colaboración co Concello de Rianxo. Podes consultala na web específica das festas: https://festasdaguadalupe.gal/
Artella! Arte nas rúas
As rúas énchense de arte, obradoiros e actividades para toda a familia e a mocidade. A programación cultural “A Moreniña, arte cultura e tradición 2024”, patrocinada pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo, propón unha nova edición de Artella! Arte nas rúas, para a semana do 14 ao 20 de setembro. + ver máis
Rianxo ao vivo! Programa de música en directo
A música en directo é protagonista da programación cultural do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición”, patrocinado pola Deputación da Coruña e en colaboración co Concello de Rianxo. Música para todos os gustos e públicos para animar as xornadas do 13 ao 20 de setembro. O venres, na festa dos 80, o grupo de + ver máis
Mostra de Bandas de Música Populares
Un ano máis a Mostra de Bandas de Música Populares forma parte da programación cultural da Asociación A Moreniña “A Moreniña, arte cultura e tradición 2024”, patrocinada pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo. Desta volta, as bandas de Vilatuxe, Arca, Arcade e Padrón, esta última por xentileza do Concello de + ver máis
