Colabora!

A Asociación A Moreniña depende dos donativos para a organización das súas actividades, das que a principal é as Festas da Guadalupe de Rianxo.

Podes colaborar connosco facendo o teu donativo pola cantidade que desexes por calquera dos medios que indicamos máis abaixo.

Pero para poder garantir a organización dunhas Festas da Guadalupe á altura da fama que merecen, establecemos unhas cantidades de referencia coas que podamos acadar o obxectivo orzamentario.


DONATIVOS DE REFERENCIA

Estas cantidades que propoñemos son unha referencia. Cada persoa axustarase ás súas circunstancias persoais e económicas.


Como podes colaborar connosco:


Agora podes facer o teu donativo a prazos!

Agora podes fraccionar o teu donativo comodamente en tres pagos bimensuais.

Con tarxeta ou con cargo á conta bancaria.

Escolle o Plan familiar (cota completa) ou o Plan individual (cota reducida) e subscríbete.

Cómodo e totalmente seguro.


Escolle un plan e subscríbete:

  • Por exemplo: se te subscribes en abril no Plan familiar, cargaránseche 27 euros nos meses de abril, xuño e agosto. Inclúe 1 euro en concepto de gastos de xestión.
  • Se prefires facer un donativo por outra cantidade e dividilo en prazos, podes escoller calquera das outras opcións (Bizum ou transferencia) e facelo manualmente.