Este ano imos publicar un Calendario Guadalupeiro (de setembro a setembro) e queremos que as vosas mellores fotos da Guadalupe estean nel!
Para iso convocamos este concurso fotográfico. Rebuscade nos vosos recordos e enviádenos esa foto que vos quedou tan chula.
As mellores fotos sairán no álbum e levarán un obsequio, e entre todas escolleremos a gañadora, que levará un premio de 150 euros.
Só tedes que ter en conta que o formato das fotos no calendario será 4:3, polo que se as vosas fotos teñen outras proporcións, recortaranse para axustarse ao formato.
Agardamos as vosas creacións!

