Convocámosvos á Asemblea Xeral ordinaria deste ano 2026.
· DÍA: martes 31 de marzo
· HORA: 20.00 h
· LUGAR: Salón de Actos do Auditorio de Rianxo
Os temas que imos tratar son os seguintes:
- Daremos conta á asemblea das contas da asociación do ano 2025
- Renovaremos a directiva da asociación, para facer efectivos os últimos cambios e, de ser o caso, incorporar algún novo
- Liñas de traballo para o ano 2026
- Rogos e preguntas
No punto 2, tamén daremos audiencia a todos aqueles socios e socias que queirades animarvos a solicitar a vosa entrada na directiva da asociación, e pasar a formar parte da Comisión de Festas da Guadalupe 2026. Toda axuda é benvida!
Se queredes botar unha man, pero sen o grao de implicación que supón estar na Comisión, podedes postularvos como voluntarios/as, de forma que poderiades participar daquelas actividades que vos apeteza, botando unha man, que sempre vén ben.
A Asemblea é aberta, polo que pode acudir calquera veciño ou veciña de Rianxo, como vén sendo habitual nas nosas asembleas.
Se queres solicitar a túa entrada como socio/a, podes facelo en https://amorenina.gal/faite-socio (as novas solicitudes resolveranse despois da asemblea)
Vémonos axiña en persoa!

