Explora Rianxo con Anxo!

Explora Rianxo con Anxo!

Con esta pequena publicación de actividades sobre Rianxo e a Guadalupe, as crianzas poderán coñecer máis sobre a Moreniña, a Rianxeira e o seu vencello coa nosa vila, ademais de outras curiosidades.

Estará dispoñible a partir do sábado 10 de setembro nos puntos de información turística do @concelloderianxo e nos museos do Mar e de Manuel Antonio.

Parte do proxecto cultural “A Moreniña, Arte, Cultura e Tradición 2022” Coa colaboración de Cultura da Depuación da Coruña e o Concello de Rianxo.