A Asociación A Moreniña – Comisión de Festas da Guadalupe, está conformada por veciñas e veciños de Rianxo con ánimo de dinamizar a nosa vila, arredor deses elementos cohesionadores que nos unen que son a virxe Moreniña, a Rianxeira e as Festas da Guadalupe de Rianxo.
Esta asociación está sempre aberta a quen queira botar unha man, xa sexa en forma de traballo voluntario ou en forma de donativo, que nos permita organizar as actividades ao longo do ano e, sobre todo, podermos organizar as Festas da Guadalupe que todos desexamos.
A nós, ter unha base de socios permítenos ter certa previsión de ingresos anual, e ademais unha canle directa de comunicación convosco para cando organicemos actividades, precisemos voluntarios/as, etc.
A ti, asociarte a nós permitirache gozar dalgúns privilexios, como pode ser a difusión en primicia de noticias, descontos no merchandising, participar nas asembleas anuais, e, se queres, ofrecerte a participar como voluntario/a nalgunha das actividades que organizamos.
E como única obriga, aboar a cota habitual das Festas da Guadalupe (familar ou individual, segundo sexa o caso), que ademais poderás dividir ao longo de todo o ano.
Anímate! Fai a túa solicitude e, se é aceptada, recibirás o teu carné de socio/a.
Fai a solicitude e asínaa nesta ligazón: https://form.jotform.com/252804689440059
Necesitámosche!
