O Feirón Mariñeiro cumpre 20 anos!
Xa podes solicitar participar nesta XIX singradura do Feirón Mariñeiro, a feira de 1925.
Se tes produtos de artesanía para mostrar, algo para xantar, unha proposta de taller ou obradoiro ou queres montar unha taberna, fai a túa solicitude en festasdaguadalupe.gal antes do 10 de agosto.
A recuperación de oficios tradicionais é parte do programa Artella!, do proxecto A Moreniña, arte cultura e tradición 2025, subvencionado pola Deputación da Coruña-
No apartado musical, teremos a Cé Orquestra Pantasma animando pola feira e máis na sesión vermú ás 13 h
E pola noite, a Noite Folc desta volta coa Charanga Benofán, Alvariza e maruxa e Coralia Dilleis.
Xa vos adiantamos que tomamos medidas para que todos e todas poidamos gozar da Rianxeira popular, tanto artistas como público asistente. Non vos preocupedes que está todo controlado!
Colabora o Concello de Rianxo

