Festa do Samaín

Chega o Samaín!

E para as familias temos unha cita o vindeiro domingo 30 polo serán. Con inchable, xogos, maquillaxe de neón, merendola, obradoiro de cabazos e lanternas, cos que á noitiña faremos un desfile de ánimas; visitaremos as casas do terror e remataremos cun pasarrúas terrorífico da man de Troula Animación, con lume e pirotecnia.

Non faltedes, vémonos no Campo de Arriba (pero se o tempo está chuvioso, na Praza da Igrexa, para podermos facer os obradoiros a cuberto).