A Asociación A Moreniña aposta pola cultura como medio de cohesión social. E un dos máximos expoñentes son as bandas de música populares, que como sempre na semana grande de Rianxo, achegamos á veciñanza como parte do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2025”, patrocinado pola Deputacion da Coruña.
A Banda da Escola de Música de Rianxo, a Banda de Música de catoira , a Banda Cultural de Arcade, a Banda Municipal de Padrón, como parte do Día de Padrón, e a Banda de Música de Visantoña, esta última parte do programa Alicerce da Rede Cultural da Deputación da Coruña, poñerán a banda sonora sinfónica á vila.

