A Asociación A Moreniña organiza para este Nadal un pequeno curso de iniciación a DJ, no que poderás aprender, da man de Bruno Deejay, as bases técnicas e musicais para pinchar música nunha festa, con equipos profesionais.
O curso terá lugar os luns e os xoves das vacacións de Nadal, do 23 de decembro ao 2 de xaneiro, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, de 18 a 20 h. Poñeranse a disposición do alumnado horas adicionais para poder practicar cos aparellos, fóra do curso.
As prazas son limitadas a 10 persoas maiores de 16 anos, e o prezo do curso por alumno/a é de 50 euros, dos que 20 serán sufragados pola Asociación A Moreniña.
Inscrición ata cubrir prazas: https://forms.gle/bg38Pu648DYhTiWn8