A virxe de Guadalupe de Rianxo foi esculpida en pasta de papel no Mosteiro de Guadalupe por frei Xosé, un monxe rianxeiro, que a trouxo a Rianxo en 1773, hai 250 anos.
O 22 e 23 de abril levaremos á nosa Moreniña de volta en peregrinación ao lugar no que “naceu”.
Anímate a esta viaxe á comarca das Villuercas, en Cáceres, para acompañar á nosa Moreniña neste emotivo retorno.
Nos lugares indicados no cartel tes toda a información da viaxe e as instrucións para inscribíreste.