Procesión Marítima das Festas da Guadalupe do domingo 15 de setembro

Todas as embarcacións interesadas en participar deberán facernos chegar a declaración responsable de coñecer as normas de seguridade establecidas pola Capitanía Marítima ao autorizar a Procesión Marítima das Festas da Guadalupe 2024.

Tras cubrir a declaración responsable, débese enviar a asociacion@amorenina.gal

Ínstase a todas as embarcacións non inscritas a que se absteñan de achegarse ao convoi da procesión, tal e como marcan as normas.

Asemade, recoméndase aos patróns e patroas non deixar embarcar a persoas descoñecidas sen esixirlles antes un documento asinado no que indiquen que coñecen os riscos e os asumen, e que descargan ao patrón de responsabilidade no caso de incidentes.

Por último, recórdase que non debe embarcar ningún menor de idade sen o consentimento expreso dos seus proxenitores ou responsables legais, e que en todo momento deberá estar acompañado e vixiado por unha persoa adulta que, no caso de non ser a titora legal, se responsabilice dela por escrito.