A música en directo encherá as rúas da vila nunha nova edición do programa Rianxo ao Vivo!
A noite dos 90, a Verbena Galega, o CeibaRimas, as Charangas, a música tradicional, a Noite Folc no Feirón Mariñeiro, os tardeos e a Verbena Infantil. De todos os estilos e para todos os públicos!
Esta actividade é parte do programa cultural A Moreniña, arte cultura e tradición 2025, subvencionado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo.

