A Asociación A Moreniña adquiriu elementos dun equipo de son e luz grazas á financiación do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais no ano 2022 da Deputación da Coruña.
En concreto, trátase de dúas caixas autoamplificadas, unha mesa de mestura e dous proxectores de luces, que agardamos poder ampliar en vindeiras convocatorias desta liña de subvencións.