Revista

A revista que edita cada ano a Asociación “A Moreniña” dende hai máis de corenta anos é toda unha testemuña da creación literaria local, e tamén foránea. Centos de autores, tanto consagrados como noveis, colaboraron de forma desinteresada na nosa revista, incluíndo a persoeiros de recoñecida traxectoria como Isaac Díaz Pardo, Rafael Dieste, Uxío Novoneira, Xosé Chao Rego ou Avelino Pousa Antelo…

O que empezou sendo un pequeno folleto de anuncio da programación das Festas da Guadalupe, deviu co tempo nunha cita obrigada coa literatura local. Hoxe en día é unha revista que dá pé á creación literaria por parte do hai pouco tempo creado Grupo de creación literaria “A Moreniña”, ademais de dar conta das actividades da nosa entidade e da programación anual de actividades culturais e das Festas da Guadalupe.


Revista 2024


Revista 2023


Revista 2022