Retomamos o irmandamento coa vila de Requejo!
Neste lugar da comarca de Sanabria venérase unha imaxe da virxe de Guadalupe que é irmá da nosa de Rianxo, xa que foron construídas ambas en 1773 polo mesmo fraile rianxeiro no mosteiro estremeño de Guadalupe.
Como é habitual desde 2002, visitaremos a vila de Requejo durante o seu día grande, e aproveitaremos para visitar a fermosa vila da Pobra de Sanabria. moi preto de alí.
A viaxe inclúe o desprazamento en autocar e o xantar, que se fará en conxunto coa veciñanza de Requejo e está sufragado en parte polo concello local.
Se alguén desexa asistir só ao xantar pero vai facer o desprazamento pola súa conta, que nos avise.