Baile de Reis

A noite de Reis recuperamos o Baile no Liceo Marítimo Rianxeiro!

O xoves 5 no soto do Liceo Marítimo Rianxeiro, acceso polo Paseo Marítimo.

Acompañaranos o DÚO ÓBICE CAPITAL desde as 21 h, así que remate a Cabalgata.

Teremos chocolate con rosca. A entrada é libre, pero por normativa de seguridade, o aforo será limitado, por orde de entrada ata completalo. Se queres asegurar a túa praza, podes reservala dando o teu nome e un teléfono de contacto por estes medios:

· nas oficinas do Liceo Marítimo Rianxeiro
· na recepción do Concello de Rianxo
· por whatsapp ao 667 18 55 77
· por correo electrónico a asociacion@amorenina.gal
· por mensaxe ás nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)